martes, 14 de mayo de 2019

CELEBRACIÓN DO CINCUENTENARIO DA PPA EN BILBAO

Imaxe do cincuentenario
Esta fin de semana tivemos o pracer de asistir ás IV Xornadas organizadas pola PEI EIP BILBAO nas que se celebraba o cincuentenario da Practica Psicomotriz Aucouturier.

Foi un encontro moi agradable no que escoitamos a profesionais que son referentes na nosa práctica psicomotriz: Bernard Aucouturier, Sonia Cospotella, Lorella Moratto, Cori Camps, Marcelino Vaca...

Foi especialmente emocionante e novedosa a participación de Mauro Polaco, neuropsiquiatra infantil e psicoterapeuta que fixo unha exposición sobre as investigacións da neurociencia no campo da infancia, e máis en concreto das bases científicias sobre os  aportes e benenficios da PPA.

Francis Ellizalde, psicólogo e terapeuta formado en bioenerxética, técnicas de grupo e terapia de gestatl,  sinalou a importancia do corpo, do tono e da emoción o longo de todo ó proceso vital.

José Miguel Castro, asistente de talleres de expresión e formador en educación creadora, fixo fincapé nas potencialidades e habilidades creadoras dos nenos nunha dinámica de expresión libre.

Foi tamén un espazo de encontro con outros moitos, coñecidos ou non coñecidos, pero compañeiros cos que sempre é grato coincidir e compartir, escoitar e aportar sobre aspectos que non encontramos no traballo, ou emocións que podemos vivir.

martes, 30 de abril de 2019

I XORNADAS DE ATENCIÓN TEMPERÁ NO CONCELLO DE MONDOÑEDO



O vindeiro venres 3 de Maio o centro MEDRANDO XUNTOS SCP participará nas xornadas que organiza a Unidade de Antención Temperá do Concello de Mondoñedo.

Este servizo iniciou a súa andadura a mediados de Xaneiro deste ano 2019, e atende ás familias e nenos con dificultades no seu desenvolvemento de cinco Municipios:  Mondoñedo, Pastoriza, Abadín, Riotorto e Trabada.

Baixo o título: 
" PSICOMOTRICIDADE VIVENCIADA RELACIONAL UN RECURSO NA PRIMEIRA INFANCIA" compartiremos os importantes aportes da Psicomotricidade Vivenciada para o desenvolvemento dos nenos/as sobre todo ata os 6/7 anos. 

O movemento, o xogo, a construción corporal, a creatividade, a adquisición da identidade, a capacidade comunicativa e expresiva, as habilidades relacionais.... son competencias das que se constrúe a súa base nestes primeiros anos, e a Psicomotricidade Vivenciada Relacional é un recurso que apoiará o neno no avance destes procesos madurativos, tanto a nenos con dificultades como a nenos cun desernrolo normalizado. Nestes cimentos apoiaranse as seguintes adquisicións, por iso se a gran importancia de velar polo desenrolo san dos nenos/as nos seus primieiros anos.

Un pracer poder aportar e compartir as nosas experiencias.




sábado, 13 de abril de 2019

PRIMEIRAS XORNADAS SOBRE ENFERMIDADES RARAS











Negreira acolle as primeiras Xornadas de Enfermidades raras o vindeiro xoves 25 de Abril.
A cita terá lugar no Auditorio do Centro Sociocultural con entrada gratuita.



Medrando Xuntos partipará coa ponencia "Aportes da Psicomotricidade Vivenciada
Relacional". Farase un percorrido no que se poñerá palabra e imaxes a experiencias  e reflexións feitas despois de anos de traballo, apoio e acompañamento a nenos/as con dificultades; facendo especial fincapé en Julia, a gran protagonista que nos levou a esta aventura na que agora participamos . 
Tamén vimos colaborando co triatlón solidario que se celebra en Negreira, que xa está na súa cuarta edición. Acto destinado a recabar fondos e sensibilizar á poboación sobre a importancia da investigación e estudio das enfermidades, para poder avanzar nos tratamentos e na mellora da calidade de vida de moitas familias.

Ambos proxectos, as Xornadas e o Triatlon, sabemos que están cargados de emoción, e reflexan as inquedanzas  e loitas das familias e a implicación e acompañamento doutros moitos. Un placer poder estar aí. Destacar tamén a colaboración e sensibilidade do Concello de Negreira.

O deporte, símbolo de esforzo, constancia, superación, sufrimento, retos, compañerismo... son valores que sin lugar a dúbidas, tamén  están detrás do día a día de moitos nenos/as e familias que teñen algunha das patoloxias que están catalogadas como enfermidades raras. Que admirable xeito de loitar!!. Ánimo a todos e participade.



domingo, 7 de abril de 2019

DÍA DA ATENCIÓN TEMPERÁ


O vindeiro 15 DE ABRIL estamos convidados todos/as  aqueles que vivimos, traballamos, ou nos une algún interés polos nenos/as na infancia (ben como profesionais, pais, ou interesados) ó acto que se realizará na Praza do Toural en Santiago de Compostela

Dita convocatoria parte da directiva da AGAT (Asociacion Galega de Atención Temperá), da que podemos decir  que é a  plataforma referente para moitos profesionais que traballamos na infancia. Defensora dos dereitos da infancia e da oferta de recursos de  calidade. Tamén da mellora de  oferta de recursos para os nenos/as e familias con necesidades. Cunha demostrada e ampla traxectoria de loita pola Atención Temperá na nosa terra.

A AGAT, en colaboración coa Fundación Paideia e a Universidade da Coruña, temos que agradecer a posta en marcha do Máster de Atención Temperá que se está realizando neste ano (primeira convocatoria) na Coruña. Detrás deste proxecto  hai moitos profesionais implicados, horas de traballo, reunións e  inversión de tempo, pero sin lugar a dúbidas compensa. A formación é a ferramenta esencial para  axudar ós profesionais  a manter a ilusión e desexo de seguir avanzando, compartindo vivencias e experiencias con outros compañeiros/as, enriquecéndose de novos enfoques, así como ampliando coñecementos, e a perspectiva da mirada que nos levará a facer un apoio máis axustado ós nenos/as que acudan ós nosos servizos.

O centro Medrando Xuntos tamén aportou o seu esforzo  neste máster realizando a xornada de formación deste sábado día 6 de Abril: Técnicas de Intervención e cultura de crianza de 3 a 6 anos.

Graciñas á AGAT.

Verémonos o 15 de Abril, seguro que disfrutaremos do encontro.

domingo, 31 de marzo de 2019

O CORPO DO NENO FRENTE OS XOGOS DE PANTAIA


Baixo o título "El cuerpo del niño/a frente a los juegos de pantalla. El juego y la función corporizante del adulto" Daniel Camels - escritor e psicomotricista arxentino - introdúcenos nunha reflexión sobre o papel e importancia que ten o xogo e a interacción do adulto na construcción do corpo.

Fálanos da vida orgánica dos sentidos, ex. a vista,  si ese órgano non se constrúe na relación, na interacción co outro (si non foi mirado) decae a súa capacidade visual: non é que o ollo mira porque ve, o ollo ve porque mira  e para elo é imprescindible a pesencia doutro para ser mirado e mirar. 



Explica como a través dos coidados e atencións dadas ós nenos/as na satisfacción das súas necesidades (aseo, alimentación, sostén...) prodúcese unha interacción corporal (Daniel fálanos dos xogos de crianza - título dunha das súas obras)  a través de accións e intercambios,  que favorecen a construcción corporal cunhas pecualiaridades que vinculan o neno a outros; primeiro nun entorno familiar e logo nun entorno social.

Profundiza nas características das pantallas: luz, brillo e velocidade - continuidade, estímulos de gran potencia que atrapan a atención dos nenos/as: o neno nestos dispositivos ve pero non mira, oe pero non escoita, as praxias que realiza son tan elementais que non favorecen a integración que se dá noutros movementos de interacción con obxectos ou co adulto.... Por outro lado, o tipo de xogos que se realizan sin posibilidade de xogalos corporalmente non favorecen os procesos de descentración e canalización das emocións.

Enlace co artigo:  http://letraurbana.com/articulos/el-cuerpo-del-nino-a-frente-a-los-juegos-de-pantalla-el-juego-y-la-funcion-corporizante-del-adulto/?fbclid=IwAR2gWrdxJNBVS3Gbs3g-lizttbOjDOOqPfHfUlyhLBUCd7a5zz04zvPJQBA

martes, 12 de febrero de 2019

NO DESENROLO DO NENO: ANTES NON É MELLOR

























Respetar os procesos madurativos dos nenos/as non sempre é unha prioridade para os adultos que están o seu lado e os que están encargados do seu coidado. Parece que sempre hai certa presa para que o neno avance, e si non sucede, pois se lle axuda a facelo.... Isto moitas veces arrastra consecuencias nada desexadas. 




O uso de certos "artiluxios" para a comodidade e benestar do neno tamén son moi cuestionables, xa que é evidente que entorpecen o seu avance natural, e dificultan que  chegue a acadar certas destrezas que de non usalos sería máis factible incorporar.

É importante confiar na sabiduría dos nenos/as, nas súas pontencialidades e darlle a oportunidade de vivir cada etapa con seguridade, placer e confianza xa que ésta será a base da seguinte e así sucesivamente.

Disfrutemos e acompañemos o neno dende o momento no que se atopa, deixemos que el conquiste cuotas cada vez máis elevadas de autonomía, de responsabilidade, sendo estes requisitos necesarios para un crecemento sano, e saudable.



sábado, 2 de febrero de 2019

ESPAZOS DE REFLEXIÓN E INTERCAMBIO

Imaxe do Centro Medrando Xuntos SCP


A ESCOLA e a FAMILIA son os espazos por excelencia de aprendizaxe, convivencia, de incorporación de valores, de construcción da autoestima e identidade... son determinantes no desenvolvemento dos nenos/as.



Medrando Xuntos, a través do CEFORE (centro de formación e recursos do profesorado) impartirá próximamente as seguintes charlas formativas/ informativas a familias: 




  • 12/02/2019 CEIP CABANAS: "O xogo e o movemento, medios que favorecen a construcción do neno/a na infancia".
  • 19/02/2019 CRA MEIS: "Ferramentas imprescindibles para o desenvolvemento do neno/a"
Cartel do Colexio Agrupado de Meis


Un pracer colaborar, pois consideramos que estos momentos de reunión, reflexións, e compartir entre a escola e familia, fortalecen os lazos e favorecen o acercamento e coñecemento mútuo, paso necesario para que podan instalarse valores como son: respeto, confianza, proximidade, colaboración, comprensión, coherencia.... 





Educar en infantil,  o rol de nai/pai, que tarefa tan delicada!!! O neno/a aínda está en procesos madurativos que requiren dunha mirada e implicación do adulto dende a proximidade, contacto, confianza, seguridade...., e na que as vivencias e experiencias  son determinantes nos procesos de maduración e nas aprendizaxes. Por elo tanto para pais/nais como para os profesionais que traballamos nesta etapa infantil, os retos son elevados - na primeira infancia forxarase a base da estrutura persoal que nos acompañará toda a vida.