Na etapa infantil que abarca dende o nacemento ata os 6/7 anos o cerebro do
neno/a posúe gran neuroplasticidade e
dispón das condicións neuronais máis propicias para o seu desenrolo. Prodúcense
importantes procesos madurativos que sentarán as bases da evolución posterior
do neno/a, xoven e adulto: nacemento da psique, o desenrolo do pensamento,
a capacidade comunicativa e expresiva, o desenrolo da creatividade e
imaxinación, a consciencia corporal, o control muscular, as capacidades de
relación cos demais e de escoita …. Son claves para o desenrolo destes procesos
as relacións de calidade no seu coidado
e o xogo espontáneo.
O obxectivo desta etapa é acadar capacidades e destrezas que lle permitan
os nenos/as unha boa disposición física e cognitiva cara futuras aprendizaxes
así como desenrolar habilidades que lle faciliten a óptima integración no
entorno social.
O uso inadecuado das tecnoloxía neste momento madurativo pode poñer en
perigo este decisivo desenrolo do
cerebro.
Para acceder ao artigo pinchar no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario