lunes, 23 de mayo de 2016

TRIATLON SOLIDARIO EN NEGREIRA A FAVOR DA ASOCIACIÓN DE ENFERMIDADES RARAS (FEDER)

A nosa NORABOA ó Concello de Negreira por implicarse nesta iniciativa.
ÁNIMO!!! Apuntádevos!!!. Vivamos a “aventura”. Seguro que poderemos disfrutar da xornada ainda que non estemos en “forma” para o exercIcio.
A nosa ADMIRACIÓN ás familias que día a día se enfrentan a duras probas soportando esperas de resultados que lles aporten infomación ou nome ós diagnosticos de seus fillos/as.
Dende MEDRANDO XUNTOS S.C.P. coñecemos estas loitas, tanto por parte das familias como dos afectados/as. Historias cheas de emoción, esforzó, superación, incertidume, rabia, impotencia, alegría, sorpresas…. O seu exemplo anímanos ós profesionasi a esforzarnos, si cabe, cada día un pouco máis, invítannos a seguir formándonos e sacar o mellor de nós.
MOITAS GRAZAS!!! A seguir con forza sin esquecer disfrutar das pequenas e grandes metas do día a día.

Para mais información:

https://www.facebook.com/I-Triatl%C3%B3n-popular-solidario-de-Negreira-856323861157802/?fref=nf






2 comentarios: