jueves, 29 de septiembre de 2016

NOVA PARTICIPACIÓN DE MEDRANDO XUNTOS NO CURSO CELEBRADO EN BILBAO SOBRE O GRUPO DE AXUDA NA PRÁCTICA PSICOMOTRIZ

Medrando Xuntos participou no curso celebrado en Bilbao (organizado pola PEIP EIP escola de práctica psicomotriz) o pasado 24 e 25 de Septembro sobre O GRUPO DE AXUDA NA PRÁCTICA PSICOMOTRIZ
A ponente Lorella Moratto ten unha longa traxectoria no traballo coa práctica psicomotriz de Bernard Aucouturier tanto no ámbito educativo preventivo como nos grupos de axuda e terapia. Tamén participa na formación de profesionais psicomotricistas.

Afondamos en temas como:
  • A importancia de pensar nas posibilidades que favorecen a evolución dos nenos/as buscando que cada un contacte  co seu propio potencial.
  • O valor do xogo, da acción e relación como claves dentro do noso traballo.
  • O respeto polo neno, pola súa orixinalidade, a escoita activa como bases da psicomotricidade vivenciada.
  • A importancia da reaseguración profunda no desenrolo emocional do neno/a.
  • As orixenes da capacidade simbólica e a transcendencia que ten o  longo de todo proceso madurativo….

No hay comentarios:

Publicar un comentario