lunes, 31 de octubre de 2016

Celébranse en Madrid as "VI XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ"



Nas datas 18, 19 e 20 de Novembro celébraranse en Madrid as VI XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRÍZ, oganizadas por CEFOPP (Centro de Formación de Práctica Psicomotriz).
Baixo o título SER O NO SER, entraremos en reflexión e debate sobre un tema ESENCIAL no desenrolo madurativo dos nenos/as na infancia: a adquisición da IDENTIDADE, base na que se construirá a personalidade. Pensamos que é unha boa oportunidade para escoitar a profesionais con longa experiencia e coñecemento no campo da infancia, e así contemplar diferentes ópticas que nos axuden e animen no traballo diario. Cada vez no ámbito da eduación, aparecen máis dificultades, moitas con esta problemática de base.
Medrando Xuntos colaborará coa aportación dun poster informativo sobre a temática. A nosa participación foi solicitada en base a dilatada experiencia da entidade no apoio madurativo dos nenos/as a través da Psicomotricidade Educativa Preventiva.

Para máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario