sábado, 17 de diciembre de 2016

INAUGURACIÓN DAS NOVAS INSTALACIÓNS DO NOSO CENTRO

Equipo Profesional. Comezando pola dereita: Itos, Eva, Marina e Isa.
O xoves 15 de Decembro celebramos a inauguración das novas instalacións do noso centro, Medrando Xuntos. Estivemos moi ben acompañados de amigos e profesionais, coñecedores do noso traballo. Brindamos e formulamos un gran desexo: seguir avanzando na mellora do noso traballo  e seguir apoiando e favorecendo o desenrolo dos nenos/as que acudan ao centro.
Non foi posible coincidir con todos/as amigos e compañeiros, así que, a partir do luns día 19 de Decembro, que xa estaremos traballando nas novas instalacións,  podedes contactar con nós e visitarnos.
A nova dirección é Rúa das Hedras nº 11 Baixo, Milladoiro (fronte ao loft onde estábamos).
Moitas grazas.
O equipo profesional de Medrando Xuntos. 


Fachada do novo centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario