Un ano máis, co arranque do novo
curso, dende Medrando Xuntos
ofertamos a proposta de traballo a nivel EDUCATIVO PREVENTIVO para nenos/as de
idades comprendidas entre os 2 anos (último ano de escola infantila) a 6/7 anos
(primeiro ano de primaria). Os grupos realizaranse os Mércores nas instalacións da aula de psicomotricidade da escola
infantil de Maía.
Os horarios previstos serán:
- GRUPO I: de 16.10h a 17.10h para nenos/as de 5 a 6/7 anos.
- GRUPO II: de 17.15h a 18.05 para os máis pequenos – 2 anos.
- GRUPO III: de 18.10h a 19.10h para nenos/as de 3/4 anos.
O mércores día 27 manteremos unha
reunión coas familias para explicar o traballo que imos facer así como formalizar
a matrícula coas autorizacións requeridas. Para dita reunión enviaremos
convocatoria na semán anterior.
Os grupos cos nenos empezarán o
mercores 4 de Outubro
As persoas interesadas contactar
co centro Medrando Xuntos: Itos: 677761230 ou no correo electrónico
itoslorenzo@hotmail.com
Na EEI Milladoiro será a ANPA do centro a que oferte o servizo de
Medrando Xuntos para a realización de grupos de Psicomotricidade Educativa
Preventiva. Para máis información poñerse en contacto cos menbros da ANPA
MILLAPEQUES millapeques@gmail.com
Os aportes do traballo realizado
a través das sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva son claves, nesta
etapa madurativa, ata 6/7 anos, xa que potencian e estimulan o desenrolo global
dos nenos/as. Así mesmo:
- Favorecen o desenrolo motor e a boa integración do esquema corporal (prerrequisito para as aprendizaxes como pode ser a lectoescritura).
- Potencian o desenrolo emocional (a capacidade de descentración tónico – emocional).
- Favorecen a aprendizaxe de habilidades sociais e integración no grupo de iguais.
- Petencian o desenrolo cognitivo e a actividade creativa.
- Facilitan a adquisición da IDENTIDADE….
DESCARGAR FOLLETO INFORMATIVO: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kAPcfpu5e54d5_oj
No hay comentarios:
Publicar un comentario