Intensa e interesante xornada que disfrutamos no Palacio
Europa en Vitoria.
Tivemos a oportunidade de reencontrarnos con compañeir@s
de profesión – psicomotricistas – e
adicar tempos de descanso a intercambiar aspectos sobre os “avatares” do
traballo e da vida.
Nos horarios organizados escoitamos e analizamos temas de
gran interés conducidos por profesionais do ámbito da psicomotricidade:
- Marta Prieto e Eva Torres psicomotricistas do equipo da escola de psicomotricidade de Madrid: CEFFOP
- Jon Arana e Luispe Gutierrez psicomotricistas vinculados a escola de psicomotricade de Lúzaro, Vergara, Bilbao.
- Ana Sáez psicòloga formadora do centro Marie Langer e colaboradora coa escola de formación de psicomotricidade de Madrid.
Abordáronse temas relacionados con:
- Os conflictos e malestares que poden vivir moitos nenos/as e tamén os profesionais que os acompañamos.
- As dificultades que están en torno ó proceso de medrar e o papel que xogan os límites marcados polo adulto.
- Os dififerentes sistemas nos que están inmersos os nenos/as: familiar, social, escolar e as pecularidades características dunha época determinada.
Marta e Eva “leváronnos” á sala de psicomotricidade. Con elas reflexionamos sobre a actitude do psicomotricista ou enseñante, sobre as respostas que podemos dar ante condutas desaxustadas, e cales delas teñen un poder transformador ou son infecundas. Falamos do axuste tónico/emocional preciso no noso traballo….
Eva Torres, Itos e Marta Prieto |
Marta díxonos: “la dificultades pasan por mirarme primero a
mi para poder mirar al niño después, y que éste se sienta tratado desde la
comprensión, y no desde el juicio, tampoco desde lo que desencadena sino desde
lo que él pueste estar sintiendo en ese momento….”
Eva comentounos: “…. si pudiéramos entenderlos (referíndose
ó neno que nos xera conflicto) como una oportunidad de aprendizaje y por lo
tanto de crecimiento, quizás llegue un día en que los miremos con
agradecimiento por las posibilidades de evolución que nos brinda su mera existencia….”
A cuestión que estivo presente ó longo de tódalas xornadas é o importante
papel que xoga o PROFESIONAL na transformación dos conflictos que manifestan
algúns nenos e nenas….
No hay comentarios:
Publicar un comentario