domingo, 11 de marzo de 2018

AMPLIACIÓN DA COLABORACIÓN CO CONCELLO DE NEGREIRA





Este próximo martes, 13 de Marzo, comezaremos unha nova andadura confiada ó centro por parte do Concello de Negreira con quen xa vimos colaborando dende fai tres anos a través do "Programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva".


Este novo proxecto vai dirixido a dar apoio a nenos/as con necesidades especiais.

Ó longo deste mes de Marzo está previsto que dende o Concello se deriven as familias con nenos susceptibles da axuda. Establecerase un primeiro contacto para elaborar a anamnesis e logo empezar a valoración dos nenos para identificar cal é o apoio que estimamos oportuno. Diseñarase un plan personalizado para cada usuario.

Este traballo levarase adiante en instalacións propias do Concello. Sen lugar a dúbidas unha boa nova para as familias.


NOTA DE PRENSA DO CONCELLO:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/negreira/2018/03/10/negreira-activa-iniciativa-apoyo-ninos-necesidades-especiales/0003_201803S10C7992.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario