domingo, 29 de abril de 2018

EN MARCHA O PROGRAMA DE APOIO TERAPÉUTICO EN NEGREIRA













Xa en marcha o "Programa de Apoio Terapéutico" que realiza o centro Medrando Xuntos en Negreira. Arrancamos o traballo atendendo a sete nenos/as de idades comprendidas entre os 22 meses e 9 anos.


As terapias realízanse nas instalacións que ten o Concello para "Servizos Terapéuticos" ou, para os máis pequenos, nas instalacións da Escola Infantil Municipal.

Nestes momentos iniciais é fundamental unha mirada e escoita atentas que nos permitirán ir descifrando o que os nenos/as nos comunican: co seu corpo, coa mirada, co tono, coa xestualidade e expresividade, a través da súa comunicación (silencio, palabras), co movemento ou quietude, co xogo ou pasividade, coa emoción.... Tamén é preciso un axuste ó neno que nos permitirá xerar os lazos - a relación a través da que podamos entrar no seu mundo e axudalo. Momentos tamén de descubrinos, de marcar os límites e as normas, de marcar rituais e tempos... Todo posibilitará o ENCUADRE do traballo. 

É o comezo dunha historia de relación, de axuda, na que o neno será o que vai marcando o camiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario