domingo, 27 de mayo de 2018

ANIVERSARIO DO CENTRO AUCOUTURIER


Emocionante xornada a vivida este sábado día 26 de Maio nas instalacións do centro Aucouturier en Madrid, na celebración do 25 Aniversario. Coincide esta celebración coa inaguración dunhas novas instalacións. Estaba todo preparado para facer unha viaxe por estes 25 anos, dos que nós empezamos a formar parte fai 14. Diferentes centros e profesionais de toda España aportamos imaxes, mensaxes, diferentes materiais explicativos dos nosos traballos..... 

A xornada inagurouna Mary Angeles, directora da escola, cunha charla cargada de emoción e contidos interesantes sobre o papel que temos as psicomotricistas na sala. Despois dunha pausa, diuse paso a profesionais que compartimos a nosa experiencia. Intervencións todas cun alto contido emocional polo que as risas, os aplausos e as bágoas fóronnos acompañando toda a mañán.

Dende Medrando Xuntos demos a  NORABOA a todo o equipo que forma o CEFFOP, son parte de nós, xa que a formación recibida no centro foi clave nas nosas traxectorias profesionais, polo tanto sempre serán un referente significativo a título persoal e como centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario