lunes, 4 de junio de 2018

REUNIÓN DE FIN DE CURSO 2017/18 DOS GRUPOS DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA NA EEI MILLADOIRO XESTIONADOS POR "AMPA MILLAPEQUES"


Este luns, 4 de Xuño, nas instalacións da casa de cultura de Milladoiro, celebramos a reunión de remate de curso de "Psicomotricidade Educativa Preventiva" promocionada pola AMPA "Millapeques".

Momento de encontro, para compartir e disfrutar de imáxenes que se sacaron ó longo das sesións nas que se pode visualizar a riqueza que ten o XOGO LIBRE dos nenos. As expresións e xestos que mostran son o mellor indicador de que están en algo que lles emociona:  nas experiencias do seu corpo, na creatividade, na relación... A riqueza do seu xogo  maniféstanos o gran potencial que pode ter o neno/a nun dispositivo axustado e baixo a mirada e apoio dun adulto  que o acompañe: a psicomotricista.

Agradecer á AMPA Millapeques a aposta por este apoio ós nenos dende a Psicomotricidade Educativa Preventiva, é o primeiro ano de colaboración con esta entidade, e a experiencia foi moi grata. Grazas!!!! Podemos repetir....


FACILITAMOS UN ENLACE CO TRABALLO DE REMATE DE CURSO:
https://1drv.ms/v/s!AoBvCpOClQd1kBh6tGqhXm4RGKp2

No hay comentarios:

Publicar un comentario