sábado, 21 de julio de 2018

O XOGO, MEDIO ESENCIAL PARA O DESENROLO SANO DA INFANCIA



O xogo é un dereito dos nenos/as recollido na "Declaración dos Dereitos do Neno" situándoo ó mesmo nivel que a saúde e a educación. Isto choca coa realide que se está observando, sobre todo nos paises desenrolados, onde cada vez hai menos espazos para que os nenos/as podan xogar, e hai un bombardeo evidente que incide na neceside de estimulalos, de ofertarlles múltiples alternativas de aprendizaxes dirixidas, para que podan integrarse con "éxito no mundo" (entendendo que o esencial que o neno ten que acadar na infancia é algo externo a el).

O xogo libre do neno é unha actividade en sí, é o medio co que a infancia conta para apreder a coñecerse, a coñecer e asimilar a realidade, para desenrolar as súa competencias físicas, cognitivas, emocionais, acadar habilidades relacionais,  identificar e xestionar as emocions.... para asentar os pilares da construcción da súa identidade. Está demostrado que o xogo  provoca placer e que este é o gran organizador da maduración psíquica - chave de todas as aprendizaxes. Estas son as bases nas que se sustenta a Psicomotricidade Vivenciada, tanto a nivel Educativo como Reeducativo e Terapéutico.

Arredor da actividade do xogo hai todo un mercado de xoguetes que despertan o interés dos nenos/as por moi breve espazo de tempo, xa que o xogo nace dentro del, e o esencial para xogar é darlle tempo e proporcionarlle un espazo. O material de xogo canto máis versátil sexa mellor, xa que é o propio neno, según as súas necesides, quen lle otorga a función e o  significado axustados. 

Nós, as psicomotricistas, vemos a diario na sala como o espazo e material se transforman, según os plans que cada neno ou grupo van diseñando, que saen do seu desexo, das súas inquedanzas e que lle permiten desplegar unha dinámica que facilitará a súa aseguración no seu proceso madurativo. Este xogo pode ser motor, simbólico,  individual ou colectivo... ás veces dura varias sesións, xa que o xogo está ó servizo do neno para  axudalo. O xogo que desprega o neno é un claro indicador do seu nivel madurativo, deixanos ver as fortalezas e debilidades de cada quen, por iso tamén é un medio que permite reparar, curar, que axuda a fortalecer a seguridade física e emocional... o xogo TRANSFORMA Ó NENO...

Facilitamos un enlace ó artigo de Andrés Paya sobre o xogo infantil
https://elpais.com/elpais/2018/07/11/mamas_papas/1531309495_212620.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario