lunes, 17 de septiembre de 2018

COMEZA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA ACTIVIDADE DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA A TRAVÉS DA "ANPA MILLAPEQUES"


Na EEI Milladoiro, a ANPA do centro oferta a actividade de Psicomotricidade Educativa Preventiva para o vindeiro curso 2018/19.


É o segundo ano no que o centro Medrando Xuntos encárgase da realización das sesións. Para inscribirse ou recibir máis información consultar a páxina web http://www.millapeques.es/
ou poñerse en contacto cos membros da ANPA MILLAPEQUES no correo : millapeques@gmail.com.

Os aportes do traballo realizado a través das sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva son claves, nesta etapa madurativa, ata 6/7 anos, xa que potencian e estimulan o desenrolo global dos nenos/as. 
Así mesmo:
 - Favorecen o desenrolo motor e a boa integración do esquema corporal 
  (prerrequisito  para aprendizaxes como pode ser a lectoescritura)                  .
- Potencian o desenrolo emocional  (a capacidade de descentración tónico – emocional).
- Favorecen a aprendizaxe de habilidades sociais e integración no grupo de iguais.
- Petencian o desenrolo cognitivo e a actividade creativa.
- Facilitan a adquisición da IDENTIDADE….

PARA MAIS INFORMACIÓN DESCARGAR FOLLETO INFORMATIVO: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kBwlEpzgxgEB6DGm

No hay comentarios:

Publicar un comentario