Imaxe dunha sesión de Psicomotricidade Educativa Preventiva curso 2018/19 |
Na primeira infancia danse moitos procesos madurativos (é na etapa onde máis cambiamos, na que o cerebro xera máis circuitos de aprendizaxe), e en función de cómo o neno os resolva poderá ou non tomar conciencia de que é, da súa existencia, e posteriormente de quen é.
Unha das primeiras
aprendizaxes que é necesaria que o neno adquira é que el é un ser separado doutro, dese outro que o alimenta, que o cuida, que o mece e acolle,
que o asea, que lle fala... (é unha realidade que o neno chega a adquirir – nun
desenrolo típico - sobre os 6 meses de
vida que coincide cos primeiros procesos de desenrolo da psique). Sobre os seis
meses o neno descubre o seu corpo, separado do outro. Será o primeiro paso
dunha elevada escada na que os descubrimentos de sí mesmo serán múltiples:
- hai coñecidos e
descoñecidos.
- quedo só.
- podo desplazarme
empregando as extremidades
- podo manterme de
pe, camiñar, correr, saltar,...
- podo emitir
sons, protestar, queixarme, montar berrinches…
- podo masticar e
comer a comida como meus pais e meus irmáns maiores..
- podo axudar á
miña familia a facer tarefas, colaborar, participar…podo, podo....
Son numerosos os cambios que se van
dando no neno/a que o capacitan e o preparan para dar saltos madurativos.
Pero todos sabemos que abandonar aquilo
que coñecemos, aquilo que nos gusta e nos reconforta é complexo, sobre todo
cando aínda non coñecemos o novo co que imos contar. Penso que isto é moitas
veces o motivo que leva tanto a nenos/as como a pais /nais a non avanzar no
proceso madurativo, que leva a confusión. Para que o neno/a madure, medre, se
vaia sentindo seguro e capaz é preciso que os adutos responsables da súa
crianza se vaian separando del e deleguen nel maiores cuotas de autonomía e
responsabilidade. Que CONFÍEN NO NENO, nos seus recursos, nas súas competencias,
na súa fortaleza. Tamén é preciso que cando o neno empece a sentir medo ou o
malestar de enfrentarse ó descoñecido lle digan: “sei que podes”. “vai”, “eu
confío en ti” “estarei cando voltes” (e que como adulto conteña e soporte a
inseguirdade que pode xerar deixalo irse).
Adquirir unha identidade, verse,
recoñecerse, é unha tarefa complexa, para país e fillos e obriga a ambos a
cambios permanentes, a novos retos, a acomodarse a novas situacións e
enfrontarse a novos sentimentos…porque as posibilidades de coñecernos non se
agotan…
No hay comentarios:
Publicar un comentario